Naceu no ano 1964 en Marín (Pontevedra), aínda que ao cumprir un ano de idade a familia foi vivir á Coruña. Dende moi pequeno debuxaba a cada momento que tiña libre. A pesar diso e dos ánimos dalgún profesor no colexio, na casa víano coma un pasatempo máis ca unha profesión así que con 13 anos o matricularon na rama de electricidade de Formación Profesional. Cando rematou, xa maior de idade, tentou facer Belas Artes pero as circunstancias familiares non o permitiron.
A súa formación é completamente autodidacta. Comezou a traballar moi novo como debuxante publicitario e deseñador gráfico en distintas axencias e pola súa conta, e 10 anos despois entrou como ilustrador no mundo editorial, no que estivo outros 20 anos. Mentres tanto, dedicou todo o tempo libre a aprender dos grandes mestres da pintura, especialmente estudando a Velázquez, Caravaggio, Vermeer, Turner, Alma-Tadema, Sorolla ou Rembrandt. Compaxinando traballo e paixón, fixo varias pequenas exposicións de
pintura ao óleo e carbonciño en diversos locais da súa cidade con éxito de público e de vendas.
Agora está completamente dedicado aos seus propios proxectos de obra pictórica e de ilustración.